Thursday 02 de May de 2024

Galicia inviste máis de 369.000€ na posta en marcha dun programa de emprego que permitirá a 16 mozos e mozas formarsee e dispor dun contrato de traballo durante un ano como mínimo na comarca de Bergantiños-Costa da Morte


O Goberno galego leva a cabo esta iniciativa en coordinación cos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes ou vinculadas aos mesmos
A Xunta informa da resolución do programa de emprego para persoas mozas do que se beneficiarán a 16 mozas e mozos menores de 30 anos a través dun investimento de máis de 369.000 euros na comarca de Bergantiños-Costa da Morte.
Á hora de seleccionar este programa, que se celebrará no concello de Vimianzo, tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.

Está previsto que ao longo do mes de xullo se activen estes programas para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 16 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.
O alumnado obterá formación e, ademais, disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local. Percibirá un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Esta é unha das liñas de axudas activadas pola Xunta dentro do Plan de formación, no que outros programas que xa estaban convocados -como os Obradoiros duais de emprego, os Programas Integrados de Emprego, as Unidades formativas en empresas para desempregados e para ocupados- non se poden resolver e poñer en marcha por mor da da resolución do programa de emprego para persoas mozas do que se beneficiarán a 16 mozas e mozos menores de 30 anos a través dun investimento de máis de 369.000 euros na comarca de Bergantiños-Costa da Morte.
Á hora de seleccionar este programa, que se celebrará no concello de Vimianzo, tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.
Está previsto que ao longo do mes de xullo se activen estes programas para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 16 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.
O alumnado obterá formación e, ademais, disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local. Percibirá un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas
pagas extraordinarias.
Esta é unha das liñas de axudas activadas pola Xunta dentro do Plan de formación, no que outros programas que xa estaban convocados -como os Obradoiros duais de emprego, os Programas Integrados de Emprego, as Unidades formativas en empresas para desempregados e para ocupados- non se poden resolver e poñer en marcha por mor da decisión que o Goberno adoptou en abril de non transferir a Galicia ao redor de 100M€ que lle correspondían para desenvolver accións formativas como estas. Deste xeito, a Xunta non poderá investir os 45,2M€ destinados a estes catro programas e que permitirían celebrar 805 cursos e beneficiar a máis de 15.000 persoas.
A Xunta seguirá apostando pola formación e pola cualificación dos galegos e galegas como unha das claves da recuperación económica poscovid-19. De feito, a nova Axenda de emprego -que prevé mobilizar máis de 225M€- contempla a formación como unha das súas prioridades.